Skip to main content

Seguros RGA foi recoñecida co Premio Morningstar Spain Fund Awards 2021 polo Plan de Pensións RGA Renda Variable Española PP, na categoría de Mellor Plan de Pensións de Renda Variable de España.

Este importante premio é un recoñecemento ao traballo que Seguros RGA, a aseguradora de Caixa Rural Galega, vén realizando durante os máis de trinta anos da súa historia e que, ademais, confirma á aseguradora do Grupo Caixa Rural como unha das mellores en produtos de aforro e previsión.

Carlos da Pena, director da área de investimentos de Seguros RGA, confirma que o bo comportamento do plan “ RGA Renda Variable Española” durante o ano 2020 debeuse, fundamentalmente a dous motivos: o primeiro, a unha boa elección de valores; e en segundo lugar, a valorar de maneira adecuada e desde os primeiros instantes, os efectos que a pandemia podía ter sobre a economía e sobre os mercados financeiros. Durante esta crise, a política ISR (Investimento Sostible e Responsable) que levamos varios anos poñendo en valor, tivo unha moi boa incidencia nos valores escollidos.

Os premios Morningstar, que se deron a coñecer o día 16 de marzo, recoñecen aqueles fondos, xestoras e plans de pensións que conseguiron un excepcional rendemento axustado ao risco en 2020, e a longo prazo. Este galardón, froito dunha rigorosa selección cuantitativa e cualitativa co obxectivo de premiar a excelencia na xestión, é aplicada de forma consistente en todos os países europeos e asiáticos nos que está presente Morningstar.