Skip to main content
Baralla

A ITV agrícola fará revisións en Baralla a finais deste mes e en abril

Por 14 Marzo, 2021Sin comentarios

A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas fará revisións a finais deste mes en Baralla.

Será os días 24, 25 e 26 de marzo en Neira de Rei, no aparcamento Fonte da Salud, en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás o venres 26, cando prestará servizo só en horario de mañá.

A ITV agrícola voltará a Baralla no mes de abril, en concreto entre os días 7 e 14, ambos os dous incluídos. Do 7 ao 12 situarase no mercado gandeiro da localidade, mentras que os días 13 e 14 prestará servizo en Sobrado, na explanada do bar As Pozas.

As persoas interesadas en pasar a revisión aos seus vehículos agrícolas no municipio poden solicitar xa cita previa no teléfono 982 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.