Skip to main content
A Fonsagrada

O PP da Fonsagrada alerta do “perigo medioambiental” que supón a nova depuradora

Por 29 Marzo, 2021Sin comentarios

O PP da Fonsagrada alerta de que o “mal funcionamento” da nova depuradora do municipio está a provocar que augas residuais “teoricamente limpas” desemboquen en fincas de particulares, “co conseguinte risco que isto supón para a salubridade dos veciños e incluso para o mantemento de infraestruturas viarias que tamén se ven afectadas co aumento do caudal cando chove”. Trátase, din, de auguas residuais da depuradora que se unen con aguas pluviais, xa que a tagea era para recollida de augas da chuvia

Os populares precisan que, dende a recente construción da depuradora, localizada na estrada LU-721, conectouse a súa saída á gabia da estrada, co fin de recoller as augas da chuvia, “causando con elo mal olor e acumulación de residuos”. Din ademais que a presión coa que discorren as augas residuais, ocasionou a súa filtración entre as pedras, deteriorando con elo a estrutura da estrada. Segundo explican, ao non estar canalizado, a ruta de sendeirismo do lugar e a vía que une Fornos de Cal con Aula Verde xa se anegaron en diversas ocasións.

“Estas aguas desembocan en ríos dos que, probablemente, se serven varios núcleos para consumo e outros usos”, aseguran, “por iso, lle pedimos ao alcalde que tome nota da situación e emprenda as xestións que sexan oportunas para corrixir a inseguridade que xera o funcionamento dunha dotación que, malia levar pouco tempo funcionando, xa esixe un acondicionamento e mellor mantemento”.

“Isto é un total desgoberno que chega ata o punto de ser un perigo para o medio ambiente e a saúde das persoas”, conclúen.