Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo adxudicará este mércores as obras da rotonda de San Eufrasio

Por 16 Marzo, 2021Sin comentarios

Zona na que se construirá a nova rotonda

A xunta de goberno do Concello de Lugo aprobará este mércores a contratación das obras para construír a chamada rotonda de San Eufrasio. Así o adiantou hoxe o tenente de alcalde e edil de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, quen lembrou que, coa construción desta infraestrutura, o goberno local pretende eliminar un dos principais puntos negros do tráfico urbano na cidade.

Coa nova rotonda, situada nas inmediacións da estación do tren, verase mellorada a circulación de vehículos ao tempo que se “aumentará a seguridade viaria”, dixo Arroxo. Lembrou ademais que esta obra é posible agora pola cesión dese tramo de estrada que fixo o Goberno galego a favor do Concello lucense.

O proxecto adxudicarase á empresa Ovisa Pavimentos e Obras por 107.871 euros, e terá un prazo de execución de seis meses.