Skip to main content
Lugo

O lucense Diego As, na final dun concurso da Liga Nacional de Graffiti

Por 29 Marzo, 2021Sin comentarios

O graffiti co que Diego As conseguiu o pase á final

O lucense Diego Anido Seijas, conocido como Diego As, é un dos finalistas do concurso ‘Graffiti Battles’, organizado pola Liga Nacional de Graffiti. A final, na que se enfrontará a Nexgraff, desenvolverase a vindeira fin de semana.

O sábado, día 3, os dous grafiteiros deberán realizar senllos murais, o que se poderá seguir en directo en Twich, de 11.00 a 12.00 horas e de 17.00 a 18.00 horas.

As fotos dos resultados subiranse ao instagram da Liga Nacional de Graffiti, onde se poderán votar a partires das 10.30 horas do domingo día 4.

O gañador do certame sairá dos ‘gústame’ obtidos na votación popular pero tamén da valoración dun xurado profesional, que presta especial atención á técnica e a orixinalidade da obra.