Skip to main content
Axenda LUGOXAPortomarín

A casa niño de Portomarín abre o prazo de matrícula o 5 de abril

Por 17 Marzo, 2021Sin comentarios

‘A casiña da árbore’, a casa niño de Portomarín, vén de anunciar que terá aberto o prazo de matrícula desde o día 5 ao 23 do vindeiro mes de abril, ámbolos dous incluídos.

As persoas que desexen coñecer as instalacións ou recibir máis información ao respecto, poden pasarse pola casa niño de luns a venres, en horario de 9,00 a 17.00 horas.

As casas niño están dirixidas a familias con nenos de entre cero e tres anos, e teñen como finalidade facilitar a conciliación daqueles pais e nais que viven en concellos de menos de 5.000 habitantes.

Estes ‘fogares’ permiten ademais que familia, educadores e menores teñan un trato personalizado e moi cercano. O servizo é gratuíto e ofrece un horario flexible.