Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Guitiriz, Lourenzá e A Pobra de Brollón, os únicos en alerta da provincia

Por 3 Marzo, 2021Marzo 4th, 2021Sin comentarios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia con motivo da pandemia propuxo varios cambios no estado de alerta dos municipios lugueses, que se atopan en xeral en retroceso de incidencia da covid.

Así, o municipio máis afectado, Guitiriz, baixará a alerta media mentres que Lourenzá sobe a ese mesmo nivel e A Pobra de Brollón mantense unha semana máis polo menos. Nos dous últimos casos, teñen dez casos ou menos en quince días pero a incidencia segue sendo alta, entre 250 e 500 casos cada 100.000 habitantes. Esto implica hostalaría aberta só en terrazas ao 50% do aforo e reunións de ata catro non conviventes.

Son boas noticas para A Pontenova, O Corgo, Outeiro de Rei, Guntín, Baralla, Rábade, Monforte e Sober, que caen ao nivel máis baixo de alerta tras a baixada continuada da última semana.

As medidas entrarán en vigor á medianoite do venres.

DATOS DE HOXE

A covid segue reducindo a súa incidencia con paso lento pero seguro. Hoxe son 427 casos activos, que son 29 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 44.

De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 11 casos novos (onte foron 3). Ademais, as altas chegaron ás 11.092, 42 en 24 horas, o día anterior foron 53.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.729 casos rexistrados e 206 persoas falecidas.

A presión hospitalaria empeora en 24 horas un pouco. Na UCI do Hula continúan 14 ingresados, e en planta son 23 enfermos (1 máis), 19 no hospital de Lugo (1 máis) e 4 en Monforte. O da Mariña queda libre de covid.

POR COMARCAS

A Mariña

Na comarca A Pontenova baixa da zona de alerta media onde sobe Lourenzá.

  • A Pontenova queda polo momento con 10 casos, ningún nos últimos 7 días.
  • Lourenzá ten unha incidencia correspondente á alerta media pero por debaixo de 10 casos.
  • Trabada, Ourol, Xove, O Vicedo e Alfoz están sen casos novos dende hai 15 días polo menos. Ademais, na última semana tampouco tiveron A  Pontenova, O Valadouro, Cervo, Foz, Barreiros e Riotorto.

Terra Chá

Cada vez hai máis concellos limpos de covid con casos nos últimos días só en Guitiriz, que xa está en alerta media, e Vilalba e Meira, con menos de dez. Rábade e Outeiro xa volven á normalidade.

  • Guitiriz descende a alerta media con 34 casos, dous menos que onte.
  • Pol, Abadín, Xermade, Cospeito, Friol, Castro de Rei, Muras e A Pastoriza continúan limpos de covid. Nos últimos sete tampouco tiveron casos Outeiro de Rei e Rábade (que saen da alerta) e Begonte.
  • No veciño Concello das Pontes saen da alerta media e baixan 4 casos ata 19.

Centro da provincia

A maior parte dos concellos da comarca están sin casos novos dende hai sete días, agás, Lugo, que segue á baixa, e Castroverde, con menos de dez.

  • Lugo reduce novamente 23 casos e queda en 141 en total, 39 nos últimos 7 días.
  • A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, Monterroso, As Nogais, Portomarín, Antas de Ulla, Baleira e o Corgo levan limpos polo menos dúas semanas.
  • Palas, Baralla e Guntín non tiveron casos nos últimos 7 días. Os dous últimos deixan de estar en alerta.

Comarca de Sarria

Na última semana todos os concellos están limpos de covid e só houbo algún caso en Sarria e Láncara a semana anterior.

Ribeira Sacra

A Pobra do Brollón é o único Concello do sur en alerta, con menos de dez casos.

  • Monforte mantén hoxe 42 casos e deixa o nivel medio de alerta.
  • A Pobra de Brollón segue con dez casos e seguirá en alerta media debido á alta incidencia.
  • Bóveda, Folgoso do Courel, Carballedo, Quiroga e Ribas do Sil seguen sen casos dende hai máis de 15 días. Sen positivos detectados a última semana están tamén Taboada, Sober e Pantón.