Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Un terremoto, de magnitude 3,4, deixouse sentir este domingo no sur da provincia

Por 14 Marzo, 2021Sin comentarios

Un terremoto de magnitude 3,4 deixouse sentir pouco antes das nove da mañá deste domingo, 14 de marzo, no sur da provincia, segundo a información difundida polo Instituto Xeográfico Nacional. O epicentro situouse a 7 quilómetros da Pobra do Brollón e rexistrouse a oito quilómetros de profundidade.

A intensidade do sismo, que se notou en Folgoso do Courel, pero tamén en Quiroga ou Ribas de Sil,  foi baixa e non hai que lamentar danos materiais nin persoais.

O Instituto Xeográfico Nacional pon a disposición dos cidadáns un cuestionario macrosísmico a través do que se pode informar sobre o acontecido durante e despois do terremoto.

Grazas a esta vía, os afectados poden axudar á institución pública a recabar información aportando detalles sobre que facían no momento do sismo, se estaban durmidos ou espertos ou se os obxectos se movían ou chegaron a caer ao chan.