Skip to main content
Folgoso do Courel

A aula da natureza do Courel reabre as súas portas

Por 21 Marzo, 2021Sin comentarios

Aula da natureza de Moreda

A aula da natureza de Moreda, en Folgoso do Courel, reabriu esta fin de semana as súas portas, despois de permanecer pechada desde finais do mes de xaneiro por mor das restricións sanitarias fronte á covid.

A partires de agora, a aula ofrecerá información sobre o medio natural e o patrimonio etnográfico da serra do Courel en horario de 10.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. A instalación, que conta con paneis explicativos e diversos materiais, só poderá ser visitada por un máximo de catro persoas ao mesmo tempo.

Desde a aula da natureza organízanse actividades divulgativas e de lecer, obradoiros de educación ambiental e mesmo roteiros guiados pola contorna, como é o caso do que se desenvolve pola devesa da Rogueira, que ten unhas tres horas de duración.