Skip to main content
A Pobra do Brollón

Tarxeteiros pola igualdade na Pobra do Brollón

Por 10 Marzo, 2021Sin comentarios

O alcalde está a deixar os tarxeteiros nos negocios locais

Trala recente conmemoración do Día Internacional da Muller e mantendo aínda a alerta máxima por mor da covid, o Concello da Pobra do Brollón continúa coas iniciativas a prol da igualdade.

Así, o goberno local repartiu uns simbólicos tarxeteiros en cor violeta entre o persoal municipal e agora está a entregalos tamén nos negocios locais, onde poderán ser recollidos polos veciños e veciñas que así o desexen.

Desde o Concello aseguran que con esta acción pretenden “espallar a mensaxe da igualdade e respecto” no municipio.