Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Pobra de Brollón abre o proceso para adxudicar a xestión do quiosco de Sanugueiros

Por 20 Marzo, 2021Outubro 31st, 2021Sin comentarios

Quiosco da área recreativa de Sanugueiros

O Concello da Pobra do Brollón vén de informar da apertura do prazo para a presentación de ofertas para a xestión do quiosco da área recreativa de Sanugueiros.

O período de apertura do quiosco será dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro, entre as 15:00 e as 21:00 horas como mínimo, podendo establecer un día de descanso semanal.

Fontes municipais explican tamén que se poderá establecer unha zona de terraza duns 40 metros cadrados, e lembran que a xestión do quiosco implica ademais a limpeza do local, das inmediacións e do aseo da instalación.

As ofertas deben presentarse no Rexistro xeral do Concello da Pobra do Brollón antes das 14.00 horas do vindeiro 15 de abril. A presentación de proposicións presume a aceptación das cláusulas contidas no prego de condicións, que está publicado no taboleiro de anuncios da sede electrónica.