Skip to main content
Sober

Abre o prazo para optar a catro prazas fixas no Concello de Sober

Por 25 Marzo, 2021Marzo 30th, 2021Sin comentarios

O Concello de Sober abriu o prazo de presentación de solicitudes no marco da convocatoria para prover ao seu plantel de persoal laboral fixo das prazas de animador sociocultural, educador de familia, orientador laboral e traballador social. As catro prazas cubriranse polo sistema de concurso-oposición, en turno libre.

As persoas interesadas en optar a algún destes postos dispoñen dun prazo de vinte días naturais, a contar desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE) que foi o pasado luns 22 de marzo.

As instancias solicitando participar no proceso selectivo dirixiranse ao alcalde-presidente do Concello de Sober, directamente no rexistro xeral do Concello ou a través dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

REQUISITOS

En canto aos requisitos esixidos aos aspirantes, todos deben estar en posesión do certificado Celga 4 ou equivalente ou, no caso contrario, superar unha proba de nivel de galego.

No tocante ás titulacións esixidas, para a praza de animador sociocultural requírese ter a Diplomatura ou Grao en Educación Social, Traballo Social ou Pedagoxía. Para a praza de educador de familia, esíxese ser titulado en Educación Social, Traballo Social, Pedagoxía, Psicoloxía, Psicopedogoxía ou en Maxisterio, estando neste último caso acreditados para levar a cabo programas de educación familiar.

Pola súa banda, para optar á praza de orientador laboral serve calquera licenciatura, grao ou diplomatura, mentras que para a praza de traballador social hai que ter a licenciatura ou grao en Traballo Social.

As bases completas da convocatoria pódense consultar no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Sober, así como no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do día 11 de marzo.