Skip to main content
Paradela

O Sergas fará un cribado entre a poboación asintomática de Paradela

Por 10 Marzo, 2021Sin comentarios

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, anunciou que o Sergas fará un cribado entre poboación “asintomática” en Paradela, entre o vindeiro venres pola tarde e o sábado pola mañá. Farase no centro de saúde da localidade.

A realización destas probas vén dada pola alta incidencia da covid no municipio, sobre o que se decretaron as máximas restricións, ao ter uns rexistros de “máis de 750” casos por cen mil habitantes a 14 días, segundo lembrou o xerente. En total, os datos oficiais falan de 14 contaxiados pola covid en Paradela.

Con este cribado preténdese obter “unha mostra representativa de poboación entre 30 e 70 anos” e, para elo, están a ser convocadas por mensaxes no móbil unhas 300 persoas.

“Trátase de localizar persoas asintomáticas e frear a posible cadea de transmisión”, matizou Ares.