Skip to main content
Begonte

O venres pecha o prazo para solicitar as axudas á hostalaría en Begonte

Por 9 Marzo, 2021Sin comentarios

O Concello de Begonte pecha o venres, 13 de marzo, o prazo para solicitar as axudas do Plan de Apoio á  hostalaría local co obxectivo de paliar ou minimizar na medida do posible as consecuencias derivadas da grave crise económica que sofre na actualidade este sector  como consecuencia do peche obrigado provocado polo covid-19.

A obxecto da axuda será a entrega de mil euros a cada local. Para elo o Concello habilitou unha partida de 20.000 euros de fondos propios que podería ampliarse no futuro si se estima necesario.

O único requisito para acceder a esta axuda é estar dado de alta e desenvolver a actividade no termo municipal de Begonte.

Estas axudas serán compatibles con outras que se podan solicitar doutros organismos.

As solicitudes, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Begonte,  utilizando o trámite destacado denominado Axudas Plan de apoio á hostalaría e restauración por peche covid-19, tamén poderán presentaranse no rexistro xeral do Concello utilizando o Anexo I e II.