Skip to main content
Begonte

Nenos de Baamonde plantaron árbores no Cercud

Por 30 Marzo, 2021Sin comentarios

Nenos e nenas do colexio de Baamonde festexaron o inicio da primavera e os días das árbores e da auga no Cercud Baamonde cunha actividade medioambiental. Esta consistiu en plantar nas beiras do río Parga, pradairos (arce falso plátano) e freixos (fresno común) cedidos pola Asociación Veciñal de Baamonde (pertecente a Federación de Asociacións Veciños de Lugo) procedentes do viveiro forestal da Xunta en Sambreixo (Guitiriz).