Skip to main content
Muras

Organizan en Muras un curso de equitación

Por 8 Marzo, 2021Sin comentarios

A asociación Amigos dos Cabalos Atila de Muras ten previsto celebrar un curso de iniciación á equitación nas instalacións de Hípica Prado Ventura, situada na localidade pontesa de Aparral.

A actividade, que conta coa colaboración do Concello de Muras, estará dirixida a maiores de oito anos.

Os interesados en participar nestas clases poden anotarse, antes do 13 deste mes, nos teléfonos 667 609 990 ou 982 500 001.

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 19 de marzo e unha vez que se saiba o número de inscritos, procederase a dar máis información sobre os grupos, o custo ou o horario das clases.