Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan en Cervo un curso de taiji quan para maio

Por 12 Abril, 2021Maio 22nd, 2021Sin comentarios

O sábado 22 de maio impartirase un Curso Nacional de Taiji Quan FEKM no polideportivo de San Cibrao, q ue estará a cargo do director nacional, Miguel Ángel Vermello Darriba.

No curso traballarase a forma de lanza: 16 Taiji Qiang. E o horario previsto é de 10.30 a 14.00 horas.

É obrigatoria a inscrición previa e o cumprimento das medidas anti covid especificadas no protocolo do Departamento Nacional de Taiji Quan FEKM. Tamén se retransmitirá on line a través de zoom.

Os interesados en ter máis información poden poñerse en contacto co número 670 249 554 ou no correo info@taiji-quan.es.