Skip to main content
Foz

Foz renova os xardíns da praia da Rapadoira

Por 3 Abril, 2021Abril 4th, 2021Sin comentarios

O Concello de Foz renovou o merendeiro que hai nos xardíns da praia da Rapadoira, areal que foi limpado para a Semana Santa.

O goberno municipal focense explica que “acaban de rematar os traballos para a renovación das mesas no merendeiro dos xardíns da Rapadoira despois de varios anos sufrindo un grave deterioro, con mesas e bancos rotos. Cumprimos así unha demanda veciñal e un compromiso do PSdeG de Foz, que en varias ocasións solicitara ó anterior equipo de goberno, dos populares, o seu arranxo”.

Así mesmo de cara á Semana Santa fíxose unha limpeza da praia da Rapadoira, “o noso emblema e a nosa imaxe máis representativa. Foi unha limpeza necesaria e urxente antes do inicio do aniño da píllara, que é unha especie protexida, o que impide calquera actuación na praia do 15 de marzo ao 15 de xullo. A estas actuacións únese a limpeza e poda das árbores do paseo marítimo, traballos todos eles moi ben feitos e que nunca se realizaran con tanta antelación polo que temos que felicitar ós operarios municipais polo seu esmero neses labores”.

Continuamos así a labor de reparación, renovación e mellora de diferentes espazos e lugares do noso pobo como fontes, mobiliario urbano, o banco das mentiras, as barandas do parque Martinez Otero e Manuel Murguía ou as letras de Foz.