Skip to main content
FozMar AMARIÑAXA

A Deputación financia un carro e puntais de varada á Ribeira de Foz

Por 3 Abril, 2021Sin comentarios

A Deputación de Lugo colaborou coa asociación A Ribeira de Foz aportando un novo carro e puntais de varada para as embarcacións deportivas.

Segundo explican dende a asociación “tiñamos en Foz un importante problema para facer o mantemento ou para depositar de emerxencia en terra firme as embarcacións deportivas, pois carecíamos de útiles para facelo e tampouco existen empresas especializadas na localidade que dispoñan dos mesmos, cousa que dificultaba moito este tipo de operacións coas embarcacións deportivas”.

Deste modo, para a asociación puidese seguir operando con éxito precisaban urxentemente unha actuación que lles permitise aos usuarios das embarcacións deportivas dos socios e tamén dos que participan en todos os eventos deportivos que organiza A Ribeira de Foz subir as embarcacións a terra firme para o seu mantemento preventivo ou para urxencias non previstas.

Para dar solución a estes problemas, a asociación púxose en contacto co concelleiro do Mar en Foz, Francisco Javier Fanego, e co deputado provincial responsable da área de deportes en Lugo, Efrén Castro Caloto, e tras escoitar a problemática acordaron que a área de deportes da Deputación de Lugo subvencionase á asociación a fabricación e compra dun soporte móbil (carro de varadas) que se deseñou dende a propia asociación para o movemento de embarcacións en terra firme.

Este soporte móbil polo seu diseño adáptase ao 100% das embarcacións deportivas dos peiraos de Foz, ademáis a actuación da subvención tamén financiou a fabricación duns puntais de varada que do mesmo xeito se adaptan a tódalas embarcións e serven para deixalas ubicadas nunha determinada zona sen que estorbe o tránsito portuario nin a outros usuarios.

Ambos os dous mecanismos foron deseñados para que as persoas con dificultades físicas ou de idade avanzada podan facer estes traballos de mantemento das embarcacións por eles mesmos sen dificultades ergonómicas nin riscos. “Esta actuación facilita esas operacións e axuda moito a abaratar os costes de mantemento das embarcacións, propiciando así o aumento de expectativas da poboación a facerse cunha embarcación deportiva para participar e disfrutar do deporte náutico en Foz”, din.

Dende a Ribeira de Foz “agradecemos esta axuda da Delegación de Deportes da Deputación de Lugo e especialmente o concelleiro de Foz Francisco Javier Fanego, que participou de forma activa no deseño e consecución dos útiles fabricados”.