Skip to main content
Axenda Caducada

Nova conferencia en Monforte de Javier Akerman

Por 30 Abril, 2021Maio 6th, 2021Sin comentarios

Javier Akerman, lincenciado en Psicoloxía, especialista en neuroeducación e neurolingüística e profesor de práctica clínica en España do Colexio Superior de Naturopatía de Quebec (Canadá), ofrecerá unha conferencia o xoves 6 de maio de 19:45 a 21 horas no Ateneo Casino.

Nela trataránse os seguintes temas: Os velenos da mente: Ignorancia, apegos e ira, a importancia da macrobiota intestinal para ter boas emocións, a alimentación e o cerebro e as técnicas corpo-mente no século XXI: a meditación.

A entrada é de balde pero hai que facer unha reserva previa no teléfono 648 435 033 (preferiblemente por WhatsApp).