Skip to main content
Axenda Caducada

Piornedo Anda organiza un novo roteiro o domingo

Por 13 Abril, 2021Setembro 9th, 2021Sin comentarios

Piornedo Anda segue coa súa programación de roteiros de carácter etnográfico e fai unha nova proposta para a vindeira fin de semana. Será o domingo, día 18, cando o colectivo percorrerá a chamada ‘Ruta larga das papoulas’.

Como é habitual, a saída será ás 10.00 horas desde a palloza museo Casa do Sesto, en Cervantes, desde onde se iniciará un percorrido dunhas cinco horas de duración. Os participantes comerán no monte polo que desde a organización recomendan levar bocadillo.

As persoas interesadas en participar nesta actividade, que contará con explicacións da man de guías nativas sobre os usos e costumes tradicionais da montaña lucense, poden reservar a súa praza chamando aos teléfonos 630 41 15 18 ou 659 52 39 11.

O prezo da ruta é de catro euros por persoa.