Skip to main content
Axenda Caducada

O dúo Verto presenta este mércores ‘Embora’ no Gustavo Freire

Por 20 Abril, 2021Abril 21st, 2021Sin comentarios

O grupo revelación do panorama musical galego Verto presentará este mércores, a partir das 20.00 horas, no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo,  o disco ‘Embora’. Neste traballo, escrito en galego, Fer e Berto, amosan unha música con claras influencias do pop, trap e do R&B máis moderno.

O concerto de Verto, que virá precedido dun espectáculo de marionetas a cargo da compañía de Marga Portomeñe, está incluído no ciclo Lubicán, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.