Skip to main content
Lugo

O Goberno de Lugo acondicionou o ximnasio da Casa Clara Campoamor

Por 21 Abril, 2021Sin comentarios

O Goberno local acondicionou as instalacións da Casa Clara Campoamor, en concreto, modernizáronse os equipamentos do ximnasio a disposición dos usuarios do centro.

O investimento municipal realizado destinouse á adquisición de novos aparatos que faciliten a práctica de exercicio, fundamentalmente de tipo cardiovascular, encamiñado á rehabilitación física, como varias bicicletas estáticas e cintas de correr e mesmo unha espaldeira, “incrementando os recursos que fomenten os hábitos de vida saudable e boas pautas de coidado persoal, nun momento de tantas dificultades sociosanitarias”, sinalou a concelleira de Benestar Social, Olga López.

“A finalidade non é outra que a de mellorar o servizo posto a disposición polo Concello, para que todas estas entidades poidan seguir levando a cabo o seu labor. Un traballo indispensable para o conxunto da sociedade, que completa as prestacións públicas existentes en diferentes eidos e que serven para brindar unha atención asistencial valiosísima ás persoas con doenzas específicas que merecen e precisan dunha rede de apoio integral ben coordinada”, destacou a responsable de Benestar Social.

Os colectivos que desenvolven a súa actividade no inmoble son AFALU, ALCER, AUXILIA, PARKINSON, FADEMGA, ALUCEM E AGAFI.