Skip to main content
A Pobra do Brollón

Remata a Semana da Memoria Histórica en A Pobra do Brollón

Por 26 Abril, 2021Sin comentarios

Remata a Semana da Memoria Histórica en A Pobra do Brollón que foi a protagonista no concello dende o pasado xoves. Este ano programouse arredor do 72º aniversario do combate de Repil, unha masacre que significou o inicio da fin da resistencia antifranquista no sur da provincia de Lugo.

No escenario principal da batalla, a casa de Repil, o arqueólogo Xurxo Ayán dirixiu unha campaña para reconstruír os feitos ocorridos nesas terras. As xornadas remataron o domingo coa participación da poeta guímara Olga Novo e a charla que fixo sobre o mestre Ticiano Picón.