Skip to main content
Agro TERRACHÁXA

Reportaxe: Unha saborosa e apreciada ave

Por 27 Abril, 2021Sin comentarios

Esta especie atópase en perigo de extinción, pero dende Avimós intentan recuperala

A galiña de Mos tomou o seu nome do lugar de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, onde se adquiriron en 1936 os primeiros ovos para comezar o proceso de uniformidade das galiñas que aparecían na comarca de Terra Chá e interior de Galicia. A partir da selección realizada na primeira metade do século XX expandiuse a toda Galicia. Hoxe en día, está repartida abundantemente por toda a rexión, predominando naquelas comarcas nas que destacara en tempos pasados. Nos últimos anos foron moitos os criadores doutras partes de España que adquiriron importantes lotes de exemplares, atopándose xa moi  distribuída a nivel nacional.

A Granxa Artesanal Chousa do Lea conta con galos, galiñas, pulardas e polos que suman arredor de 400 animais da raza Galiña de Mos. Así, Jose Zapata, o seu dono, tamén é o socio número 6 de Avimos e socio fundador da mesma, e levan recuperando a raza dende fai máis de 20 anos.

“Nos arrancamos arredor do ano 2000 con Avimos, formámola para a recuperación da raza Galiña de Mos. E naquél entonces o director técnico e veterinario da asociación Diego Rois localizou uns 40 exemplares en toda Galicia, dos cales se fixeron una seleción e da cal fíxose a reprodución ata aumentar o censo”, di Zapata, “pero sempre seguindo as pautas do director técnico ata ter un censo importante de exemplares que está a día de hoxe con máis de 7.000 reprodutores e que o ano pasado se comercializaron arredor de 23.000 aves”.

Para que este animal se considere de esta raza leva un crotal na á dereita para identificalo, e ten que estar inscrito no libro xenealóxico da raza e é a asociación quen leva as altas e baixas.

“Fixemos a recuperación pero aínda hoxe está en perigo de extinción. Ademais tiñamos outro hándicap, que as nosas explotacións eran galiñeiros sen regularizar e para o autoconsumo”, comenta Zapata. Por iso a través da asociación solicitouse a administración que regularizara todo isto.

A finais do 2011 saiu un decreto de avicultura artesanal no cal lles permitiron ter os galiñeiros dados de alta con todas as garantías sanitarias. “Esto permite ter 50 galiñas de posta en cada galiñeiro, outras 50 reprodutoras e 400 cebos, ben sexan machos ou femias”, di Zapata, “a partir de ahí a xente viu esto como un complemento económico aos ingresos familiares tanto para a venda de ovo como para carne”.

Hai que resaltar que Galicia conta con 177 explotacións artesanais das cales case un 40% están en Lugo provincia e a comarca da Chaira ten 16 criadores.

Tamén foron avanzando día a día coas necesidades dos socios para poñer os produtos no mercado como foi a saída do ovo que ao principio non se comercializaba como hoxe en día.

“O ovo ten que estar identificado cunha marcación, e para eso ten que pasar por un centro de embalaxe. E solicitamos á Administración esta necesidade, e ao final autorizáronos no 2015 uns centros de envasado do ovo que reúnen todas as garantías sanitarias para o consumidor final. A día de hoxe hai 5 centros de envasado autorizados en Lugo, dos cales 4 están Chaira”, engade José Zapata. “O mesmo nos pasa agora coa carne, porque non temos matadoiros adaptados aos nosos métodos de cría, que cumpla as nosas necesidades de sacrificio. E é por iso polo que estamos traballando coa administración de novo para que nos autorize uns matadoiros nas nosas explotacions”, comenta Zapata.  Así, se un restaurante pide un galo, poderáselles servir cunhas garantías hixienico sanitarias adecuadas  e sen gastos extras para os criadores no tema de matadoiros externos.

“Eu do que crío en torno a un 90% vai á restauración, e no momento que pechou a hostalaría pola pandemia, en marzo do 2020, reducín as miñas vendas notablemente. Os produtores que sirven á hostalaría víronse moi afectados, todos vímonos afectados”, di Zapata.

“No meu caso intento comercializar o meu produto nas tendas máis próximas, non tratar con grandes superficies, prefiro o local e coñecer ao cliente e ver que valora o produto. A satisfacción persoal de ver a quen lle vendes e ver o que lle parece o produto e moi importante”.

Beatriz Canto e a súa nai Pilar Edrosa, atópanse a fronte de Granxa As Minas en Castro de Rei, una granxa extensiva que se adica á crianza da Galiña de Mos.

“Os nosos animais teñen un cercado para que non entren as alimañas e así eles poden  entrar e saír cando queren. Contan cunha moita zona verde para escarbar e sacar alimento”, di Beatriz, “aínda que colleitamos algún cereal como millo e trigo e elaboramos o seu pienso cuns valores de proteína e graxa equilbrados”.

Nesta granxa intentan facer una crianza o máis natural e tradicional posible, así, “dámoslle pataca cocida, verza, cabaza, moita hortaliza,  …como se se criaran na casa”, engade Canto.

Contan cunha producción dunhas 60 galiñas entre ovo e cría, e sobre 50 galos en cebo, que producen arredor de 270 ovos anuais e aínda que esta raza non produce como una galiña ponedora o seu ovo é moi apreciado culinariamente pois é máis rico. “Cando se frie, a clara ten moita menos auga e é máis densa e a xema e como máis melosa”, di Beatriz.

A Galiña de Mos “é uhna galiña semi pesada, e una vez que rematan os seu ciclo aos 2 ou 3 anos segue tendo una carne moi apreciada, porque realmente é una raza de carne”, di Beatriz, por iso a pandemia afectoulles xa que “no tema dos galos a hostalaría era un bo cliente e ao estar pechada notámolo máis. Os galos e as carnes saíron á venta a particulares pero non é o mesmo”, remata Beatriz.

A ExpoDegustación da Galiña de Mos que se celebrou no 2019 acolleu tamén o Concurso-Exposición Comarcal da raza, que se celebra desde hai 10 anos e no que resultou gañadora unha galiña de Beatriz Canto e un galo de José Zapata.