Skip to main content
Begonte

Concentración á porta do Multiusos contra o peche do colexio de Baamonde

Por 14 Abril, 2021Abril 15th, 2021Sin comentarios

Os pais de Baamonde volveron concentrarse novamente reclamando o peche do colexio dentro do proxecto proposto polo alcalde de fusionar os dous centros no de Begonte e utilizar o centro para unha escola de música.

Así, concentráronse ante a sede da Xunta, nun acto organizado pola Federación de anpas da provincia que xunto con outras entidades, denuncian a política de desmantelamento do rural.

Neste acto participaron representantes políticos da contorna, principalmente dos concellos de Vilalba, Guitiriz e Xermade, así como do resto de administracións.

Tamén estivo presente o presidente da Deputación, José Tomé que en declaracións aos medios de comunicación lembrou que dende o Grupo Socialista na Deputación “xa defendemos iniciativas recollendo as inquietudes que demandaban os pais e nais afectados polo peche deste centro educativo”. E proseguiu na súa argumentación “impulsar o rural non é precisamente quitar servicios como esta acontecendo neste caso, máis ben sería mantelos. A decisión do peche do colexio de Baamonde é unha decisión errónea que seguramente obedece a outro tipo de beneficios, presuntamente privados, dos que vamos a estar atentos. Pero nin beneficia ao rural, nin aos pais e as nais, nin a educación das nenas e nenos de Baamonde”, resumiu.

Esta concentración súmase a outras accións que realizan dende a asociación de pais e a de veciños en diferentes xornadas e ámbitos. Un dos últimos consistiu nun acto simbólico no colexio no que se colocou no valo perimetral 30 cirios en representación dos 30 alumnos cos que conta actualmente o centro.

Cada cirio leva o nome dun neno e con el quere representarse .” Queremos representar esa luz de esperanza que eles aínda teñen de que non lles pechen o seu cole”.

A Anpa do Ceip de Baamonde remitiu tamén a sétima petición ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para que atenda a súa petición de manter este colexio aberto para o que esixen que os reciba e poder falar da situación.

Dende asociación afirman que “de verdade, como se fai de rogar”, afirman os pais e veciños involucrados na protesta que pretende impedir o peche do centro para reunificar todos os rapaces no de Begonte. Reclaman unha reunión e unha contestación tras seis solicitudes enviadas, a última con data do 30 de marzo.