Skip to main content
Castro de Rei TERRACHÁXACospeito

A Deputación aproba investimentos en Castro e Cospeito

Por 11 Abril, 2021Abril 13th, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno aprobou tamén o encargo da Deputación á empresa pública Tragsa para a reconstrución de cubertas e o reforzo estrutural de varias edificacións da Granxa Gayoso Castro por importe de 88.375,33€.

Segundo explicou o Presidente, “estas obras son necesarias logo dos danos causados polo mal tempo, que afectou ás cubertas e á estrutura dalgunhas edificacións desta finca provincial. A instalación danada estaba en uso e hai que reparala para poder seguir levando a cabo as actividades propias da Granxa con normalidade. Tanto a nivel dos edificios de oficinas como nas naves agrogandeiras. Unha actuación urxente para poder dispoñer das instalacións e evitar que se deterioren.

COSPEITO

Tamén foi aprobada a redacción do proxecto modificado da urbanización do parque empresarial de Cospeito, unha actuación derivada de Suplusa.  A modificación do proxecto non terá coste económico engadido e consiste en dotar ao polígono chairego dun acceso á estrada autonómica e a adaptación aos cambios que se produciron na normativa eléctrica.

O investimento da Deputación de Lugo nestas obras é de case 1,3M€. A día de hoxe, está executado aproximadamente o 65%, pero espérase acadar preto do 90% da execución nas vindeiras semanas.