Skip to main content
Meira

Adxudicado o servizo de axuda no fogar de Meira

Por 7 Abril, 2021Abril 8th, 2021Sin comentarios

O Concello de Meira adxudicou finalmente o Servizo de Axuda non Fogar (SAF) á empresa Idades SL cun contrato por 591.552 euros e unha duración de tres anos, poñendo fin así a un proceso para contratar de novo este servizo que arrincou hai aproximadamente un ano e medio e sufriu diversos contratempos.

O Concello meirego sacou a concurso o SAF a finais de 2019, pero o procedemento quedou deserto ao non presentarse ningunha oferta. Fíxose unha actualización de prezos do anterior contrato para axustalos máis a realidade e un estudo económico, o que derivou nunha nova licitación por 599.000 euros.

Foi entonces o estado de alarma paralizou de novo o proceso, que no se reanudou ata o mes de outubro, cando se puido reiniciar o concurso.

A esta licitación concorriron cinco ofertas e a de Idades SL quedou en segundo lugar tras facer a baremación na mesa de contratación de principios de ano.

A primeira empresa seleccionada non presentou os avais en tempo e forma e tampouco desistiu polo que o Goberno local tivo que esgotar os prazos antes de pasar á segunda candidata.

A empresa xa se fixo cargo do servizo, que conta con 29 usuarios, tras pechar o proceso de subrogación da traballadora social e as 14 auxiliares de axuda no fogar que están actualmente.

O SAF de Meira empezou a funcionar en 2015 e desde xuño de 2016 é de xestión indirecta. Nos últimos catro anos rexistrou un incremento do 109,81% no número de horas, pasando das 4.210,25 iniciais ás 8.833,75 de 2019, e superando as 10.000 en 2020.