Skip to main content

Por Luisa Aguado

Ás veces entre perdidos e ensimesmados miramos ao futuro. Que nos fai pensar cabizbaixos que o futuro é escuro e confuso?. Tantos anos de civilización ensinaron ao ser humano que gañar ou perder está na palma da nosa man. Cada día ante cada soño, ante cada reto poderemos decidir o noso destino.

Fáltanos valor, quizais?, temos coraxe? Como herdeiros de grandes pobos,  íberos, celtas, romanos, visigodos, fenicios, gregos , deberiamos… O ocaso dunha civilización non indica que non haxa un novo renacer. A esperanza está oculta, escondida e visible ao virar a esquina. Como sucesores dos nosos devanceiros, estamos obrigados a honralos co símbolo do poder, da prosperidade, da lucidez, do carisma, da positividade e do bo facer. Somos os descendentes da raza humana que hoxe se pregunta se hai un futuro para nós e os nosos irmáns, fillos, avós. Só camiñando con esperanza, saberemos cal é o noso destino. Cando caias, volve levantarte co pensamento en positivo, coa confianza no teu corazón e repetindo cada día que si, que ti es merecedor dese gran porvir que sempre soñaras. Non penses que a túa estrela, non está para ti. Todos e cada un de nós temos unha estrela que non a podemos desaproveitar con queixas e frustracións. Só hai que estar alerta. Alerta simboliza estar a traballar, facendo, crendo e un día o revés que tanto dano che fixo volverá tomar o seu leito, como un río que se perdeu, secouse ou desviado por esquecer eses valores e soños que che fixeron crer. Faino!, comeza de novo, unha e outra vez. Ao final serás o gañador da túa batalla, porque todos mozas e maiores teremos a oportunidade dun mundo mellor. Esa.. que mellor que esa será a túa estrela, será a vosa ESTRELA.