Skip to main content
Ribadeo

Piden ao Concello de Ribadeo que invista nas prais de Rocas e o Cargadoiro

Por 4 Maio, 2021Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular de Ribadeo demanda ao goberno local do BNG arranxar dunha vez por todas a baixada ás praias de Rocas e do Cargadeiro. A vicevoceira, Elena Sierra, explica que “levaremos este tema a Pleno tentando que o BNG actúe e invista”.

A popular apunta que “Ribadeo demanda ao BNG actuar no arranxo da baixada á praia de Rocas e do Cargadoiro” porque “fueron ya varios avisos por parte de los vecinos” reclamando o acceso a estes areais que se atopa prohibido tras rexistrarse desprendementos que os fan perigosos.

Sierra critica “el no como respuesta” do goberno local ás peticións dos veciños e sinala que “o goberno do BNG actúa como vén sendo habitual: tira balóns fóra, bota a culpa a outros ou di que non é competencia súa”.

Ante esta situación, a popular esixe “arranxar dunha vez por todas estes accesos” e  indice en que “o goberno local ten que actuar” para mellorar os servizos aos veciños “e non gastar o diñeiro de todos noutras cousas como valos que non veñen a conto”.