Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo realizou traballos para a conservación e a posta en valor do patrimonio

Por 29 Maio, 2021Sin comentarios

As Concellarías de Cultura e Obras realizaron traballos para a conservación e a posta en valor do patrimonio ribadense. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “traballamos na recuperación de dúas vagonetas e un canón, que permanecían en dependencias municipais e que agora poden verse no Cargadoiro e no Forte de San Damián”. 

A concelleira de Obras, Mónica Freire, indicou que “esta semana instaláronse nos espazos que se cren máis acaídos. As vagonetas na contorna do Cargadoiro, debido á súa vinculación ao tren mineiro, e o canón no adro do Forte de San Damián”. 

Ambas edís consideran que “con estes elementos enriquécese unha zona de moita afluencia de paseantes, un fluxo que se dá todo o ano e que se incrementa coa chegada bo tempo”.