Skip to main content
Viveiro

Por Viveiro pide a reubicación de farois e sinais en Ramón Canosa

Por 16 Maio, 2021Sin comentarios

O voceiro municipal de Por Viveiro, Bernardo Fraga, presentou no Pleno unha moción para a reubicación dos farois de iluminación pública e das sinais de tráfico na avenida de Ramón Canosa.

“No tramo dende a Oficina de Turismo ata o Centro de Saúde, marxe dereita na dirección Viveiro-Celeiro, da avenida de Ramón Canosa, o groso dos farois de iluminación pública e das sinais de tráfico están situados no centro da beirarrúa”, di Fraga, “este feito ademais de representar unha imaxe caótica e dunha estética moi mellorable,  ocasiona riscos de seguridade  cando se cruzan dous grupos de peóns, véndose un deles na obriga  de transitar entre o farol e a estrada”. 

“Tendo en conta ademais que o barrio de Lodeiro ten un tráfico de peóns bastante elevado o concentrar moita poboación, ademais de contar cunha importante zona de servizos tanto públicos como privados, sendo tamén moi utilizado como zona de paseo e lecer”, engade o voceiro de Por Viveiro.

Eesta beirarrúa conta con unha anchura que permite a instalación tanto dos farois de iluminación como das sinais de tráfico no borde próximo a estrada.

Por isto piden acometer a reubicación proposta dos farois de iluminación e das sinais de tráfico neste tramo da avenida Ramón Canosa, ou ben incluír  este arranxo nos acordos de colaboración do Concello coa Xunta de Galicia, titular da estrada LU-862