Skip to main content
Axenda Caducada

Saavedra recupera a festividade dos Milagres só con oficios relixiosos

Por 18 Maio, 2021Maio 30th, 2021Sin comentarios

O día 24 de maio celebrase un ano máis a romería da virxe dos Milagros de Saavedra, que recupera a súa programación relixiosa aínda que máis austera pola pandemia. A novena á virxe xa deu comezo o pasado venres 14 de maio e finalizará o sábado, con rezos ás 20.00 horas da tarde e misa media hora máis tarde.

Para a parroquia begontesa de Saavedra trátase da festa máis importante do ano coa celebración da festividade en honra á virxe dos Milagros, que reúne cada ano no santuario da localidade a centos de devotos, que aproveitan a data para facer unha andaina ata a igrexa. Este ano, redúcense os horarios e as celebracións serán unicamente relixiosas.

Comezarán o día 23, domingo, con misas ás 10:00h, 11:30 e 12:30h.

O día propio dos Milagres, as cerimonias relixiosas serán dende as 7.00 ás 13.30 horas pola mañá e de 18.00 a 21.00 pola tarde. O día 25  só haberá oficio ás 20:30h. Para o domingo seguinte, día 30, están previstas misas ás 10:00h, 11:30 e 12:30h.

Este ano non haberá animación musical e tampouco se permitirá a venda ambulante tal e como anunciaron dende o Concello, agás os que teñan licenza de camión tenda.

Dende a organización piden que se acuda de forma escalonada a este evento para evitar aglomeracións.