Skip to main content
Axenda Caducada

Pantón acolle de novo o circuíto Comunidad de Golf

Por 27 Maio, 2021Maio 29th, 2021Sin comentarios

O circuíto Comunidad de Golf volta de novo ao campo de golf Augas Santas, en Ferreira de Pantón. A inauguración do torneo xa se realizara neste mesmo escenario e, tras pasar polo clube de golf de Miño na Coruña, volta este venres 28 e o sábado 29 de maio á Ribeira Sacra.

Desta forma, dende a organización invitan a todos aqueles e aquelas que o desexen, a pasar unha xornada lúdica e deportiva na que aínda hai prazas libres para inscribirse. O torneo seguirá visitando diferentes cidades nos vindeiros meses para conseguir reunir aos mellores xogadores nunha final que se disputará en setembro.

Para máis información ou para a inscrición pódese visitar a web comunidad de golf ou no correo circuito@comunidadgolf.com