Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón loce novo mural

Por 25 Maio, 2021Sin comentarios

A Pobra do Brollón conta cunha nova obra artística feita polo autor Yoseba MP. Os veciños da Pobra decidiron levar a cabo esta iniciativa que se realizou no barrio de Marcón na Ferreirúa e na que quedou plasmada nun pendello á veciña Tubina e as súas pitas.

Yoseba MP é un artista que se caracteriza por obras de estilo realista, co que representa escenas cotiás. De feito, actualmente, é coñecido por pintar superavoas, un proxecto que comezou despois de acabar relacionando unha muller pelando unha pataca no aire, cunha jedi; algo que está vinculado por tradición á figura dunha meiga.