Skip to main content
Begonte

Damil suspende a romaxe pero mantén a celebración relixiosa

A capela de San Vitorio, na parroquia begontesa de Damil, acollerá o vindeiro domingo 16, ás 13.00 horas, unha celebración relixiosa como único acto da súa tradicional romaxe, que non se celebrará este ano debido á pandemia.

Esta celebración concentra todos os anos, centos de fieis.

A misa terá lugar ás 13.00 horas e nela respectaranse todas as medidas de seguridade.