Skip to main content
Axenda Caducada

A Casa da Galbana de Friol acolle un recital musical poético o venres

Por 12 Maio, 2021Maio 14th, 2021Sin comentarios

Con gallo do Día das Letras Galegas, o hotel cultural de Friol Casa da Galbana celebra este venres, 14 de maio, un recital musical de poesía Amores Poéticos, no que a soprano Alma Selene e o guitarrista José Manuel Brea interpretarán escritos de autores galegos de prestixio.

Os versos de Rosalía de Castro, Manuel María, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, Alvaro Cunqueiro Moura, Xosé María Díaz Castro, Celso Emilio Ferreiro Miguez, Lois Pereiro, Pilar Pallarés podrán escoitarse dende as 19.00hs no hotel cultural Casa da Galbana (Praza Andón Cebreiro 2, Friol, Lugo).

A entrada é libre e de balde, pero debido ás medidas especiais polo covid, o aforo é limitado. As prazas poderán reservarse no WhatsApp 673 674 722.