Skip to main content
Guitiriz

Abre o prazo para as actividades de verán en Guitiriz

Por 27 Maio, 2021Sin comentarios

Inclúen surf e padel surf en Valdoviño, viaxe ao Galipark de Padrón, ao parque de aventura de Viveiro e ao parque acuático de Cerceda. O prazo para os empadroados remata o 11 de xuño e, se quedan datas, poderán optar a elas os non empadroados.

O Concello de Guitiriz abriu o prazo de inscrición para as actividades de xullo do seu campamento de verán, que inclúen saídas con propostas deportivas e de ocio dirixidas a rapaces e rapazas de 8 a 16 anos.

O luns 5 de xullo terá lugar a primeira actividade cunha viaxe a Valdoviño para practicar surf e padel surf. O xoves 8 e o venres 9 de xullo realizarase unha saída ao Galipark de Padrón. O luns 12 de xullo o desprazamento será a Viveiro para facer kaiak e visitar o parque de aventura. Por último, o mércores 14 de xullo os nenos e nenas vivirán unha xornada de ocio no parque acuático de Cerceda.

O prazo para que se anoten as persoas empadroadas en Guitiriz, que terán preferencia, xa está aberto e remata o 11 de xuño. Se quedan prazas dispoñibles abrirase un período do 14 ao 18 de xuño para que poidan optar a elas os non empadroados.

Prezos

O paquete completo de actividades terá un custe de 115 euros para os empadroados e de 160 euros para os non empadroados. Ademais, poderán escollerse saídas soltas, pagando só o prezo estipulado para cada unha (os empadroados terán que sumarlle 10 euros) que é:

  • Valdoviño. Surf e padel surf: 32 euros.
  • Galipark en Padrón: 85 euros.
  • Kaiak e parque de aventura en Viveiro: 25 euros.
  • Parque acuático de Cerceda: 8 euros.

Para máis información pode chamarse ao teléfono 982 370 109 ou enviar un correo electrónico a info@concellodeguitiriz.com. As inscricións poden formalizarse a través da sede electrónica ou no Rexistro solicitando cita previa. Todas as actividades se realizarán seguindo a pertinente normativa COVID.