Skip to main content
Meira

O Xulgado sobresae a causa contra o excalde de Meira pola fonte da praza

Por 14 Maio, 2021Sin comentarios

O Xulgado de Instrución número 3 de Lugo decretou o sobresemento provisional da causa contra o exalcalde de Meira, Ramiro Pérez, que foi acusado por un delito leve de prevaricación administrativa polas actuacións da fonte da praza Maior, derrubada accidentalmente por un camión ano ano 2014.

O ex alcalde chegou ata o esta situación trala denuncia presentada por un veciño, que reclamou información sobre o paradelo da centenaria fonte.

O xuíz entende quenon existe delito xa que malia que o denunciante relcamaba oscurantismo nas ifnrmacións, estímase que a actuación foi correcta.

O ex alcalde explicou nas súas alegacións, que a fonte, a pesar de ser antiga, non estaba nin catalogada nin inventariada e lembrou que, tras o accidente, a primeira idea foi restaurala, pero o canteiro encargado desta tarefa descartouno, polo que se optou por encargar unha nova de estética similar.

Estes feitos foron confirmados na súa declaración polo propio canteiro, que foi quen se encargou de retirar os restos da fonte.