Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

Volve o campus de verán do Club Ximnasia Viveiro

Por 20 Xuño, 2021Sin comentarios

Volve o Campus de verán do Club Ximnasia Viveiro para nenos a partir dos 4 anos e que practiquen ou non ximnasia rítmica. Haberá actividades de baile, preparación física, manexo de aparatos, técnica corporal, acrobacias, ballet, xogos… e moita diversión.

Este será do 5 ao 30 de xullo en horario de de luns a venres de 10 a 14 horas no pavillón Municipal e praia de Covas e terá prezo por semanas e desconto por irmáns. Tamén haberá servizo gratuito de madrugadores de 9 a 10h horas.

Para máis información e inscricións haberá que chamar ao 605 568 592 ou escribir ao campuscxviveiro@gmail.com antes do 30 de xuño.