Skip to main content
Foz

AciaFozCCA organiza unha campaña de descontos

Por 23 Xuño, 2021Sin comentarios

AciaFozCCA organiza unha campaña de descontos en establecementos asociados os días 25 e 26 de xuño. Os comercios de Foz ofrecerán importantes promocións durante esas dúas xornadas, que comezarán no 21%, pero que nalgúns casos chegarán ata o 50%. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinalou que “os días 25 e 26 de xuño, este venres e este sábado, será un bo momento para achegarse ao comercio de Foz a mercar roupa, calzado, complementos… de tempada a prezos moi interesantes”. 

E engadiu que “podemos pasear polas rúas de Foz, botar un ollo aos escaparates, comprar e aproveitar para gozar da ampla oferta hostaleira da nosa vila, que afronta o verán de 2021 con boas expectativas”.