Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo iniciou os traballos de acondicionamento da contorna da antiga estación do tren mineiro

Por 26 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello está iniciando os traballos de desbroce e acondicionamento dunha ampla área arredor da antiga estación do tren mineiro, onde se creará un novo aparcadoiro público de vehículos. Ata o 21 de xullo está aberto o prazo de presentación de alegacións para atopar aos posibles titulares doutra parcela anexa a eses terreos e ata o día de hoxe hai presentadas seis.

Esta superficie, incluído tamén un edificio da estación e algunha construción circundante, foi cedida hai unhas semanas ao Concello por parte dos seus múltiples propietarios, de acordo co convenio asinado por todas as partes e no cal eles anticipan as cesións que se contemplan nese polígono urbanístico, no plan xeral de ordenación municipal, para cando se desenvolva urbanísticamente.

A curto prazo, o Concello vai resolver esta situación selvática na que levaba varios decenios e acondicionará eses terreos para un novo aparcadoiro público de vehículos, e entre mentres buscarán as fontes de financiamento necesarias para poñer en valor o edificio da antiga estación de ferrocarril. O edificio ten o encanto da súa arquitectura, é do ano 1905, aínda que se atopa nun estado de absoluta ruína técnica e que os seus materiais de construción non son nobres, non son de pedra nin de granito, senón son de simple tixolo.