Skip to main content
Axenda Caducada

Chega a Viveiro o documental, Xela Arias, poetas nas marxes

Por 17 Xuño, 2021Xuño 27th, 2021Sin comentarios

O domingo 27 de xuño , ás 19.00horas e as 20.00 horas na sala multiusos do  Concello de Viveiro, haberá unha proxección do documental de Beatriz Pereira, Xela Arias, poetas nas marxes.

Ao remate coloquio con Beatriz Pereira e Daniel Chapela e contará con aforo limitado polo que haberá que reservar entradas no 982 560 162 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es

A partir dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia, o documental percorre a vida e obra dunha “francotiradora das letras”, deténdose en todas as arestas que fixeron de Xela Arias unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora, así como o seu impacto na vida cultural galega.

O programa, dirixido a todos os públicos desde os 12 anos de idade, chegará desde este mes ata outubro a case todas as localidades galegas.