Skip to main content
Axenda Caducada

Viveiro acollerá una xornada de orientación universitaria e profesional

Por 18 Xuño, 2021Xuño 22nd, 2021Sin comentarios

Viveiro acollerá una xornada informativa de orientación universitaria e profesional o vindeiro martes 22 de xuño. A charla diríxese a mozos remataron bacharelato/ESO e queren iniciar estudos universitarios, de FP, ensinanzas artísticas ou outro tipo de formación posterior. A intención da xornada é orientalos na toma de decisións académicas e profesionais.

Nesta xornada informativa, terá lugar o martes 22 de xuño, ás 12:00 horas, no salón de actos do Concello de Viveiro, falarase de preinscrición e matrícula, prazos, requisitos de acceso ás distintas titulacións, residencias públicas, bolsas de estudos e demais cuestións de interese para a mocidade.

Todas as persoas interesadas en asistir a esta charla, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Viveiro, deben inscribirse enviando un correo electrónico a informacion.xuvenil@viveiro.es ou chamando ao teléfono 982 560 128.