Skip to main content
Axenda Caducada

O obradoiro de graffiti será mañá en Friol

Por 27 Xuño, 2021Xuño 28th, 2021Sin comentarios

O Servizo de prevención de Condutas Adictivas da Agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza unha actividade gratuíta de ocio alternativo saudable a través dun obradoiro de Graffiti en cada Concello e que mañá será en Friol.

Con esta actividade preténdese favorecer o desenvolvemento das persoas participantes a través de valores positivos como a cooperación, creatividade e a participación social.

Os destinatarios son rapaces de entre 11 e 18 anos. Nesta ocasión celebrarase de 10.30 a 13.30 horas no campo de fútbol municipal da Reigosa.

Recoméndase levar roupa vella, unha botella de auga e gorra, xa que a actividade será ao aire libre, sen esquecer a máscara.