Skip to main content
A Fonsagrada

Obra de teatro musical na Fonsagrada

Por 27 Xuño, 2021Xuño 28th, 2021Sin comentarios

O mércores 28 de xullo na Alameda da Fonsagrada, acollerase un espectáculo de teatro musical para público infantil e familiar financiado pola Deputación de Lugo dentro do Circuíto profesional de teatro da provincia. A duración da actuación será de 45 minutos e comezará ás 18 horas.

A obra trata sobre un novo granxeiro que decide cambiar a súa vida de cidade pola do campo. Así pois, consegue animais para a granxa e ponse a traballar no mundo rural ata que un día se da conta de que conseguía entender o que falaban os animais. Pouco a pouco o granxeiro consegue facerse amigo dos animais e comezan a contar poemas, cantar cancións, etc.

Dende o Concello da Fonsagrada recordan que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.