Skip to main content
A Fonsagrada

O PP denuncia a falta de entendemento entre o PSOE e o BNG na Fonsagrada

Por 8 Xuño, 2021Sin comentarios

 “A Fonsagrada é un claro exemplo de como a esquerda se une só para non deixar gobernar ao PP, pero logo non son capaces de dar estabilidade gobernamental ás institucións”. A presidenta provincial, Elena Candia, analizou así nunha reunión de traballo cos populares locais a situación política deste municipio.

O PSOE fonsagradino foi apoiado polo BNG nas pasadas eleccións municipais. “Esta circunstancia é a que provoca que o goberno local estea en minoría e é o desencadeante das varias desavenencias entre as dúas forzas de esquerda para aprobar proxectos que impulsen este concello e redunden na dotación de novos servizos para os veciños”, sinalaron dende o Partido Popular.

“O BNG sempre actúa do mesmo xeito, vémolo na Fonsagrada, vémolo na Deputación e tamén o vimos co apoio dado a Pedro Sánchez que non serviu para nada, pois os problemas da nosa provincia que dependen do Estado continúan sen resolverse” citou a dirixente dos populares.

“Esta falta de entendemento para as contas provoca tamén un desleixo e unha falta de xestión por parte do equipo de goberno. Proba delo”, engadiu o voceiro, José Regueiro, é que “debemos ser dos poucos Concellos que non sacaron nin unha soa axuda para axudar a paliar a crise da covid19 aos autónomos”.