Skip to main content
Lugo

Realizada a primeira cata transversal na muralla

Por 27 Xuño, 2021Sin comentarios

Os equipos de arqueoloxía están a rematar as catas arqueolóxicas da Mosqueira. Así pois, grazas a esta escavación permítese ampliar os coñecementos sobre a cimentación da muralla e ampliar a documentación coa que contamos sobre este treito.

Trátase da primeira vez na que se realiza unha cata transversal na muralla, o que permitiu aos equipos de arqueoloxía contar cunha aproximación moi real sobre a estratificación da zona e o inicio do foso. Os traballos realizados demostran que a muralla contaba cun sistema defensivo de 60 metros de ancho, que incluiría un foso duns 25 metros, un intervallum (ronda interior) de 9 metros, un lenzo de 7 metros e 6 metros de cubo. Atopáronse tamén canalizacións, o que demostraría a existencia de auga no foso, cuxa profundidade se estima en 4 ou 5 metros.

A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira.