Skip to main content
Palas de Rei

Palas de Rei oferta obradoiros para este verán

Por 9 Xuño, 2021Xuño 10th, 2021Sin comentarios

Chega ao Concello de Palas de Rei Xogando en Vacacións. Verán 2021, unha actividade que posibilita a conciliación da vida laboral, familiar e persoal. Así pois, priorizaranse as familias con menos recursos, que non poidan custear outras alternativas para ser atendidos os seus fillos e fillas durante o horario laboral dos pais e nais.

As actividades estarán compostas por unha serie de obradoiros infantís que se realizarán de luns a venres e que terán un horario de 9 a 14h. Así pois, empregarase unha metodoloxía activa e participativa. Para facilitar esta participación activa de todas e todos, así como a pluralidade de saberes presentes no grupo, empregaranse dentro da metodoloxía participativa técnicas de dinamización que axudan á consecución dos obxectivos.

As actividades están dirixidas para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Por causas da actual situación sanitaria, só se ofertan un total de 50 prazas. As solicitudes pódense presentar de maneira presencial nas oficinas do Concello de Palas de Rei ou ben de maneira telemática na sede electrónica do concello https://palasderei.sedelectronica.es/dossier.2.

O prazo de inscripción remata o día 25 de xuño ás 14:30 horas e os prezos varían entre os empadroados en Palas de Rei e os que non o están: no primeiro caso son 10,48 menor/mes e no segundo son 15,71 menor/mes.