Skip to main content
Folgoso do Courel

IV Asamblea no Courel o vindeiro sábado 10 de xullo

Por 28 Xuño, 2021Sin comentarios

A aldea do Mazo, no Courel, celebra o vindeiro sábado 10 de xullo unha asamblea na que se avanzarán os obxectivos para acadar unha vida digna das xentes do interior galego.

A asamblea celebrarase ás 11 horas e haberá xantar ás 14.30 horas para quen queira sendo necesaria a reserva. Para inscribirse pódese chamar ao 669 164 004 ou no enderezo electrónico interiorgalegovivo@gmail.com.

Dende a plataforma Interior galego vivo fan un chamamento á asistencia “de todas as persoas comprometidas coa xustiza e co futuro do territorio e das xentes do interior”.